José Ángel levara para ler pola noite o libro de Corre corre, cabaciña, e cando lle estaba a dicir á Meiga o número de rexistro para devolvelo, preguntoume:
- Profe, onde está o libro que ten a canción de Cocorico?. En libros con música non está.
- É Contos en cantos, está no expositor.
Co rebumbio de pola mañán non lle dei máis importancia e esquecín o asunto, pero José Ángel non, e ao remate da roda, levantou a man e dixo:
- Profe, eu quería escoitar a canción de Corre corre, cabaciña.
- Ah! . ¿Atopaches o libro de Contos en cantos?
- Si, e ten a canción.
- ¿Como sabes que ten a canción?- dixen eu.
- Fácil. Porque ten o debuxo da cabaciña e tamén pon CORRE CORRE CABACIÑA.
- E porque pensaches que podía ter esa canción?
- Porque Corre corre cabaciña é de OQO, como Cocorico.
Elemental, querido Watson, se non fora porque José Ángel ten catro anos
Deixoume ABRAIADA, e non puiden máis que darlle unha apreta enorme, dicirlle o listíííssimo, listíísimo que era, e que , por suposto, podía escoitar a canción .
Primeiro recordamos entre tod@s o conto, e despois escoitamos, cantamos e bailamos.
Estabamos tod@s tan entusiasmad@s" que seguimos coa cabaciña, a avoa, o lobo e oso ata que foi a hora do bocadillo.
Menos nal que isto é unha Escola Unitaria e podemos deixarnos levar.
1 comentario:
ola, son mateo. Merchi, luis e antón regaláronme este conto e gústame moito. un bico grande para eles!
Publicar un comentario