jueves, 15 de enero de 2009

bloguiño

Dende que volvimos das vacacións de Nadal estamos preparando un novo blog, do que se van a ocupar "EXCLUSIVAMENTE" os nenos e nenas, e logo de moito pensar acordamos que:

- Escribirán no blog só os nenos e nenas da escola, os luns e os xoves, logo do recreo.
- A persoa encargada de día será quen se ocupe de escribir a entrada, que proxectaremos na pizarra dixital para que os demáis nenos e nenas poidan opinar, correxir ou darlle ideas.
- A profe axudará para subir fotografías , debuxos, ou outro material se así se decidira entre tod@s.

O que máis está costando é decidir o nome do blog. Non foi doado distinguir entre contidos e título do blog, e logo hoxe, cando xa entraramos no bo camiño houbo unha boa pelexa.

Marta e Érika estaban empeñadas en que "Princesas de Vide" era un nome divino, pero claro, non daban gañado as votacións. Chegaron a propoñer un nome de consenso: "Príncipes e princesas de Vide", que aínda que conseguíu máis adeptos- Noemí e José Ángel-, tampouco era aceptado. Comenzaron entón unha campaña de captación de votos dirixida fundamentalmente a conseguir os votos dos máis pequenos, Mateo e Javier, que non entendían ben o follón e levantaban a man para votar TODAS as propostas.

E montouse o lío: que si xa non eres a miña amiga, que xa non te vou invitar ao meu cumpreanos, que entón xa non eres o meu novio, que eu xa non quero ser a túa filla..... en fin, unha campaña electoral típica.

¿E como rematou?.Malamente.

Escribimos na pizarra todos os nomes propostos:

1- Somos moi listos.
2- Os lobos.
3- Príncipes e princesas de Vide.
4- Escribimos sin papel.
5- Letras da escola.
6- Contamos cousas.
7- Contos que van polo aire.

e deixamos o de escoller o nome do blog para mañán porque......mañán será outro día.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ánimo,seguro que ao final o conseguides.Desde a escola de Quintela en Moaña esperamos con moitas ganas as vosas historias.Se ao final non vos gusta a todos o mesmo nome,sempre podedes meter na batidora os que tedes e sacar outros coma"cousas de vide" ou "contos de vide".Bicos a todos e todas.As bolboretas.

Unitaria de Vide dijo...

¡¡¡GRACIAS , MOITIIISIMAS GRACIAS BOLBORETAS DE MOAÑA POR AXUDARNOS A RESOLVER ESTAS COMPLICADAS ELECCIÓNS!

¿sabedes que o nome gañador foi un dos que pensastes vós?

¡Ata Marta e Érika aceptaron retirar o das princesas!

Anónimo dijo...

agardamos impacientes o novo blog.
animo!