O venres Mateo e Saray foron os protagonistas .
Mateo, porque trouxo un bizcoito á escola que fixo a súa nai para tod@s. O bizcoito estaba boísimo e estamos á espera de que Estefanía nos regale a receta para facelo tamén nós na hora de cociña.
Mateo, porque trouxo un bizcoito á escola que fixo a súa nai para tod@s. O bizcoito estaba boísimo e estamos á espera de que Estefanía nos regale a receta para facelo tamén nós na hora de cociña.
O máis defícil foi escribir a palabra BIZCOITO
Ese biz....!!!!!!!!. Tivémonos que converter no "Zorro" e coas nosas espadas xusticieiras romper o aire marcando a nosa Z, e aínda asi... porque Érika, como non, dicía que quedaba "máis bonito" BISCOITO.
E logo recibimos unha visita, a mamá de Saray coa irmanciña recén nacida: NEREA.
Saray, que ata agora estaba un pouco enfurruñada con iso da irmanciña, por fin quixo que a mamá viñera á escola coa pequeniña, e toda contenta mostroulla aos compañeiros e compañeiras.

E hoxe, que é luns, fixose unha nova entrada no blog COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE, preme se te queres enterar do que escribíu Elena.
1 comentario:
o bizcoito o fixo Mateo (encántalle cociñar), eu só tiven conta del cando estivo no forno. Así que o mérito é do meu pequerrecho. Mañá mesmo levamos a receita á escola.
Publicar un comentario