CADERNOS DAS NENAS E NENOS DE VIDE
Agora os martes e os xoves son días blogueiros. Este xoves tocoulle escribir a Mateo, un dos pequenos, e pasou toda a mañán "eléctrico". Buscou de axudante a Noemí pero pouco caso lle fixo, repetía todo o tempo:
- Eu sei, eu sei!
Daba gusto velos traballar, e discutir.
Estamos a preparar un poema de Gloria Fuertes para o Día da Paz: Tres Letras.
A madriña de Noemi, Bete, que é portuguesa, traduciúnolo ao portugués e estamos a aprender a recitalo de memoria por partes. Logo o grabamos e nos escoitamos.
É doado porque son
TRES LETRAS, MÁIS NADA.
1 comentario:
Máis canto poden dicir esas tres letras!!
Fermoso poema que xa estou desexando escoitar nas vosas voces.
Apertas dende Fene!!
Publicar un comentario