martes, 9 de marzo de 2010

Vide en verde

Onte, que fixo boa tarde, fumos traballar ao monte.
No Coto o monte comunal ardeu hai catro anos, e dende entón, cando chega febreiro imos alí a plantar unhas cen árbores que a Consellería de Medio Rural pon a disposición da Comunidade de Montes.
Este ano fomos tarde, que o tempo non nos deixou, pero plantamos os carballos, castiñeiros, cerdeiras e nogueiras con tanto esmero e cuidado, que de agradecidas que quedaron, van gromar axiña - se os cabalos entenden por fin que non poden comer as arboriñas-.

Esta vez ademáis, fixemos unha plantación de "aviso a navegantes".

Veredes: hai algunhas persoas- "nin idea de quen poden ser"- que como o monte está queimado e hai unha pista moi boa que chega ata alí, están usándoo de vertedeiro.
Xusto ao pé da plantación do ano pasado.

Pois esta vez, @s da Comunidade limparon os restos de construcción e lixos varios, e alí mesmiño plantamos as novas árbores, ademáis de pola beira da pista, barreira moi feble para os tractores, pero barreira a fin de contas.

E tod@s, ne@s e maiores converterémonos en "vixiantes da futura fraga do Coto", que dentro de dez aniños , non máis, temos pensado celebrar alí a festa máis grande xamais recordada en todo o contorno, sentad@s á sombra das frondosas, comendo e cantando, có Miño rosmando alá abaixo, todo Vide espallado polo val, e saúdando aos veciños e parentes portugueses de enfrente.


3 comentarios:

BIBLIOCERVO dijo...

Da gusto vervos!! con xente coma vosoutros acababase a crise e o paro nun plis, esa si que é a escola da vida! Unha aperta moi grande a tod@s da vosa amiga María de Cervo.

Anónimo dijo...

PERO QUEN PODE TIRAR O LIXO ALI ENRIBA, SI QUEDA MAIS LONXE QUE O CONTEDOR!!!QUE PARA ALGO ESTA, DIGO EU...E BERRO PARA QUE NON ESTRAGUEN O VOSO TRABALLO, A NOSA NATUREZA!
ahhhhhjjjjjjjjjhhhhhhhhhhhhhhhh!!!AHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHH FORA PORCOS!!!
(berro)

Unitaria de Vide dijo...

pois querid@ anónimo,explico:
Só hai un punto limpo nas Neves que só abre dous días a semana e media xornada, e para colmo hai que levar o tractor cos restos ata alí, catro kilómetros... polo tanto o monte lles queda máis perto e non pecha.
É unha magoa, pero é así, aparte da cultura de tirar os restos "no baldío, que é de todos".