un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
martes, 23 de marzo de 2010
VAN GOGH
Mentras temos as pipas a remollo para sementalas polo cumpreanos de Van Gogh, imos lendo este novo libro que chegou á Biblioteca A2:
"El sueño de Van Gogh" con texto e ilustracións de Jose Luis G. Fincias da Editorial Brosquil.
O libro non chegou só, que veu acompañado dalgúns irmáns pintores da colección: El sueño de....
Nesta colección podemos ler "El sueño de.... pintores como Goya, Miró, Botticcelli, Gauguín, Botero, Chagall..... escritores como García Márquez ou Garcia Lorca ou personaxes históricos como Simón Bolivar ou o Che Guevara.
Gustanos esta colección, só lle atopo un PERO...
Un pero deses de PERO!!!!!!!
COMO É POSIBLE QUE DOS 21 PERSONAXES OS 21 SEXAN VARÓNS???!!!!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Pois haberá que reparar ese erro. Tal vez algunha Editorial estea interesada en publicar "O soño de... Maruja Mallo, Menchu Lamas, ..." por exemplo...
Estou pensando nunha pequena Editorial que ó mellor está interesada no tema...
Publicar un comentario