A finais de 1975, pouco despois da morte de Franco, logo dunha charla semiclandestina con mulleres en Lugo na que reivindicábamos entre outros, o dereito ao divorcio, as compañeiras leváronme a unha cafetería. Alí quedaran con Enriqueta Otero. Eu non sabía quen era e elas contáronme:
" Xa verás, é unha muller que paga a pena coñecer. Foi guerrilleira e é mestra. Cando tiña 25 anos pillouna a guerra civil en Madrid de mestra e foi miliciana, ao acabar a guerra conseguíu chegar a Lugo e botouse ao monte, pero logo de sete anos collérona. Tivo a Guardia civil tres horas a tiros antes de poder con ela, pero a feriron nas pernas. Cando a colleron torturáronna e condenárona a 30 anos. Quedou mal das pernas e anda con muletas. Andivo de cárcere en cárcere ata que saíu hai dez anos, igual de republicana que cando estaba presa. Ao chegar púxose a facer ela mesma a casa , e empezou a montar follón ata que hai pouco conseguíu que a rehabilitaran como mestra. Non lle ten medo a nada!"
E nisto entrou por aquela porta unha muller, xa maior, cunha boina na cabeza, ergueita, envolta nun abrigo capa e arrastrando unhas muletas como quen leva unha bandeira. Sentouse con nós e cunha voz forte e ronca comenzou a falar dos dereitos do pobo, dos dereitos das mulleres, do importante que era a cultura... eu que sei! nin me acordo do que nos dixo, pois eu estaba como nun soño, mirando para ela .
Sempre que volvía a Lugo contábanme novas de Enriqueta: que si conseguira rehabilitar varias escolas, que creou unha asociación de veciños, que montara un centro de información para mulleres, que fundou a Asociación O Carriño e ía polas aldeas e pobos.... e que morreu en 1989 sen renunciar a ningún dos seus soños.
Ao puco de chegar eu de mestra a Vide entérome que un profesor do Instituto, Anxo Rodríguez, está a escribir un libro sobre a vida de Enriqueta Otero. O libro foi publicado en 2005: Letras Armadas: As vidas de Enriqueta Otero Blanco.
Gracias Anxo, por traernos de volta a Enriqueta, a mestra guerrilleira, e facer un pouco máis dificil que poidamos esquecernos dela.
1 comentario:
Acabo de coñecer a unha gran muller. Grazas por presentarma.
Publicar un comentario