COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE
Hoxe tocaba podar as hortensias, que xa lle estaba a pasar o tempo, e puxémonos ao traballo. Mentras eu cortaba os nenos e as nenas apañaban as varas e limpaban cun rastrillo as follas secas.Cando estabamos no labor pasou Carmen coas súas cabras, e fixemos un descanso.
- ¿A onde vas Carmen?
- Vou levar as cabras a pastar alá abaixo.
-¿E como se chaman as cabras?
- Pois chámase Blanquita.
- Asi calquera!- dixo David- esa cabra e blanca, pero ¿como se chama a marrón?.
- A esa ás veces chamámoslle Chuca e outras veces non lle chamamos nada.
Carmen seguíu o seu camiño coas cabras pero os nen@s quedaron todos alborotados:
- Iso non está ben- dicían- pobre Chuca.
Brais, sempre tan pragmático, tranquilizounos :
- A ela non lle importa, porque si lle chaman cabra, ela di, vale, esa son eu que a outra é Blanquita,como só hai dúas!
Quedaron máis tranquilos pero con poucas ganas de seguir traballando, menos mal que chegou Isabel, a nosa viciña, que viña a pedirnos varas de hortensia para plantar no seu xardín , e púxose a podar con nós.
Érika explicoulle que cando espetara as varas no chan tivera cuidado delas e as regara moito e SOBRE TODO arrincara as herbas do arredor, para que non lle pasara o que nos pasou a nós o ano pasado, que plantamos moitas varas no patio e cando viñeron do concello a desbrozar a herba no verán, levaronas todas por diante.
- ¡Co traballiño que pasaramos, que ata lle botamos esterco e todo!- explicaballe- ¡e non nos valíu para nada!
Cando Isabel marchaba coas súas varas, Érika seguíalle dicindo:
- Acórdate de quitarlle as herbas darredor!
Mira ti, eu pensaba que eles non se chegaran a enterar do "asunto" do desbroce de hortensias.
5 comentarios:
Bueno, era unha nena: pode atender a dúas cousas ó mesmo tempo :-)
estes nos de Vide si que saben
estes nos de Vide si que saben
estes nos de Vide si que saben
ei pandereteira!!!!!
que non das arrancado a tocar parece que te quedaches
¡¡¡¡3 veces!!!! no retrouso
Publicar un comentario