sábado, 28 de febrero de 2009

Novidades fresquiñas

Chegaron á Biblioteca dous novos Cds, un deles para @s cativ@s- e veño de decatarme que tamén para avoas-, de Mamá cabra: Patatín, patatán.
Cando me puxen a escoitalo descubrín unha cantiga de cando eu era pequena, que cantabamos e bailabamos na roda; eu cantaba " A chata Berengüela", Mamacabra cambialle a letra pero esa é a cantiga. Como non lembraba ben os pasos do baile, pregunteille ao día seguinte a algunha das nais se elas sabían.
-¿A chata que.....?
Non tiñan nin idea, pero nisto, a nai de Mateo dixo algo así como:
-A miña nai cantaballa ao neno cando era pequeno, sóame de escoitarlla.
E Mateo dixo:
- Si, si, a miña avoa sábea.
¿A súa avoa?¿A SÚA AVOA!!!!!!
¡Xesús como pasa o tempo!
Pois teremos que xuntarnos unha cantas avoas para ver si podemos ensinarlles "a quen houbere menester" a danza que acompañaba a esta cantiga tan divertida que Mamacabra-que non é ningunha avoa- tivo o bó sentido de recuperar para as nenas e nenos de agora.

E si queredes escoitar a cantiga, aquí queda:



O outro Cd é un agasallo especial para as pandereteiras.Unha manchea de preciosas cantigas que as Tanxedoras nos ofrecen . Escollín unha Xota para que vaiades facendo boca. A letra podedes atopala no blogue das pandereteiras

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando eu era nena cantabamos a chata berenguela, pero a letra difería un pouco... e xogabamos con dúas filas unha a cada lado e a chata no centro que ía facendo gracias e elexindo distintas nenas que imitaban o que facía...
Pasábamolo en grande.
Grazas por facerme recordar bos momentos...

Unitaria de Vide dijo...

Era iso!!! dúas filas , non unha roda. Gracias Marina, agora xa sei como era o bailiño.