jueves, 19 de febrero de 2009

Disfraz de pirata: ¡feito!

COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE

Foi unha semana de moito traballo pero hoxe, por fin, quedaron rematados os disfraces e ata nos deu tempo a xogar a pintarnos a cara de piratas.
Como veredes, imos todo@s de capitáns e capitanas piratas, e os vellos problemas de si hai piratas e noivas de piratas quedaron esquecidos.
Mañán, convertidos en fermosísim@s bucaneir@s recorreremos a parroquia ata rematar na carballeira de A Chan de Vide.
Alí, baixo os carballos, espéramos un magnífico xantar de Entroido, que compartiremos con nais, pais, irmáns, avós e amig@s.
¡Que ninguén esqueza levar as pandeiretas!

E como hai "alguén" que se anda preguntando como se pode converter unhas bolsas de plástico en disfraces de capitáns piratas, deixamos aquí a proba


¡Chupado!

1 comentario:

AMPA Dolors Monserdà-Santapau dijo...

felicidades por vuestro trabajo. He entrado de casualidad desde edublogs y yo desde Barcelona, hecho de menos a miña terra, Tedes unha escola moi bonitiña e con moita vida.