COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE
Brais chegou hoxe a escola disposto a celebrar o San Blas como está mandado, con festa total. Trouxo un bizcoito e moitas ganas de cantar e bailar, e nós,- aínda que non estamos en Bembrive e hoxe non cantaremos aquilo de "zúmballe ao caneco"- logo de comer o bizcoito, fixemos festa igual: cantamos e bailamos o "pitinho amarelinho" e o "malhao malhao", que nos sae divinamente.
E por si ti queres tamén aprender a bailar o pitinho amarelinho:
1 comentario:
Moi chulo o pitinho amarelinho!, mándovos un enlace a un vídeo de Cocoricó, unhas marionetas brasileiras do máis "engrassado". Ademáis a canción é moi adecuada para este tempiño que temos:
http://www.youtube.com/watch?gl=ES&hl=es&v=yGi5tI1-Ycg
Publicar un comentario