lunes, 23 de febrero de 2009

Entroido pirata

E poidemos celebar o Entroido tal como tiñamos pensado.
Disfrazámonos de piratas cos fermosos traxes que tiñamos preparado e logo de complementar o atuendo coa maquillasxe fomos ata Chan de Vide na procura de tesouros berrando ¡¡Queremos ron!! ¡Queremos ron!!- ¿a quen se lle ocurríu?- e logo de abordar unha casa en construcción, escapar de inimigos disfrazados de camións, conquistar un barco que NON era un campo de futbito, como algún pensaba...chegamos á nosa meta : o barco tobogán, onde tanto pelexaron os piratas que tiveron que irse desfacendo aos poucos de parte da roupa.

Saciamos a nosa fame baixo os carballos, onde compartimos comida e bebida cos "maiores" e rematamos a festa no patio da escola, a onde regresamos para , tranquilamente,ao soliño, degustar os postres que nos tiñan preparados.


2 comentarios:

Andrade39A dijo...

Fantásticos piratas!!!!!
Parabéns polos disfraces e esa maquillaxe que tan ben vos caracterizaba.
Saúdos de Raioteca.

bibliotecadocole dijo...

Si que son fieros eses homes e mulleres piratas, coas caras cheíñas de cicatrices, en cantas batallas se meterían,..