Sentámonos na roda e sen introducción algunha preguntei:
- ¿En que traballa a mamá?.
As mans erguéronse deseguida, pero o primeiro que falou dixo:
- O meu pai traballa con un camión.
- O meu pai coa pala, dixo a seguinte.
E houbo que comenzar de novo.
- Imos falar só das nais, e do seu traballo- dixen eu.
Pero eles puxéronse a falar do traballo.E falamos.
Ó final fixemos unha longuísima lista cos traballos das nais tal como el@s ían decindo:
- Facer a comida.
- Arrumbar a casa.
- Limpar as veigas.
- Axudarlle a vestirse á aova.
- Traernos á escola.
- Cambiar cueiros.
- Poñernos películas.
- Ler contos pola noite.
- Bañarnos a min e a Javecho.
- Levarnos a música.
- Plantar couves e patacas.
- Repartir o correo.
- Darlle de mamar a Alba.
- Comprar a comida e a roupa.
- Cuidar ós animais e darlles de comer.
- Podar as viñas.
- Ir a fábrica de bloques.
- Ir co chimpín ás veigas.
- Cobrar recibos.
- Cuidar ós fillos de Emilia.
- Levarnos o médico.
- Preparar a festa de cumpreanos.
22 traballos.Xogamos a numeralos, agrupalos, a recordar tres sen fallar... a imitar cando se dicía en alto, a desfacer un traballo grande en outros máis pequenos... Tamén escribimos " a miña nai traballa", unha frase de catro palabras. E había unha LL como en folla e carballo. Foisenos toda a mañán, pero aínda deunos tempo de ler o conto "Arturo e Clementina", decidir que mañán Marta vai traer a súa tartaruga, e ir á Biblioteca a buscar libros de tartarugas na estantería de libros do contorno en na estantería que pon 5.
1 comentario:
Benvidos á blogosfera.
Gústame moito a voa "aldea total", gústame tanto o que facedes que comezo enlazando (copiando) unha das vosas entradas. Un xeito de entrar no voso mundo e de sentírmonos un pouco máis preto de vos.
Apertas dende Fene
Publicar un comentario