A celebración do día Internacional da Muller ten a súa orixe no movemento internacional de mulleres socialistas de finais do século XIX, para promover a loita polo dereito ó voto das mulleres. Neste tempo festexábase en datas diferentes segundo os paises. Será en 1914, cando á proposta das mulleres alemanas, se fixe no día 8 de marzo, reivindicando o dereito de voto, a ocupar cargos públicos, o dereito ó traballo, á formación profesional e a non discriminación laboral.
Hoxe, caseque 100 anos despois, seguimos a celebrar o 8 de marzo, como día de homenaxe a todas as mulleres que fixeron posible que mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos diante da lei, como día para seguir reivindicado o dereito a VIVIR en igualdade: na casa, no traballo, na escola e nas rúas, e como día de denuncia e solidariedade internacional con todas as mulleres que no Extremo Oriente, Africa ou o Sudeste Asiático , morren e viven día a día sen coñecer a palabra “igualdade”.
Na escola, o conto “Arturo e Clementina” serviranos durante esta primeira semana de Marzo para falar, ler, debatir, escribir, xogar, cantar, debuxar …e a través de todas estas actividades os nenos e as nenas irán construindo os seus propios criterios e creando unha nova historia para Arturo e Clementina.
Ademáis, as nenas e os nenos , durante dúas semanas convertiranse en “fotógraf@s reporteir@s”.Levarán a cámara de fotos, cada día un, á súa casa e sacaranlle fotos “Á súa nai traballando”.Tamén sairemos a pasear pola parroquia recollendo coa cámara imaxes de mulleres traballando. Con todo o material faremos unha exposición na Biblioteca A Dúas e logo na “Casa da Auga”.
2 comentarios:
Noraboa polo blogue. Impresionante comezo
Gracia
Parabéns por esta bitácora que agora só zarpa, pero que vos ha levar ben lonxe. A vós e ós nenos e nenas de Vide, que con esas nais e esa profe están suficintemente preparados.... ¡para o que queiran decidir!
Boa travesía.
Olga. Milladoiro.Malpica
Publicar un comentario