lunes, 5 de octubre de 2009

O avó de Noemí

O meu avo ten moito millo.

Dallo de comer as pitas. A todas. Ás boas e ás malas. Tamén as galiñas.

O meu avó debrulla o millo e logo o bota na muiñeira.

É que as nosas pitas non che queren comer millo, son moi finas. Haino que facer fariña, por iso moe o millo nunha muiñeira que temos.

Logo eu collo dous canecos de millo e vou alá arriba, onda a billa, para botarlle un pouco de auga.

Removo coas mans e doullo de comer ás pitas e ás galiñas.

É así como fai o meu avó.

E como fago eu.

Esta é a historia que hoxe contou Noemi na roda.
A pregunta era.:
-Alguén quere contar algo sobre o millo? E Noemí, antes que ninguén, ergueu a man e dixo: - O meu avó sabe moitísimo sobre o millo. E eu tamén, porque mo conta todo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estimada Sabela:

Chámome Isa e a igual ca ti son mestra de EI, son seguidora da voso blogue dende hai tempo; coñecinno por Sara (a nosa- vosa e nosa- mestra de AL do ano pasado) e dende ela "estou enganchada".
Esta vez non sóvou ollar senón que vouvos dicir que sodes un modelo a seguir para moitos de nós, entre os cuais inclúome!, e quero animarvos que sigades compartindo e ensinándonos tanto e tan ben.
Grazas por facernos crer que o ensino de calidade é posible!.
Apertas,
Isa.