O millo que recollimos da nosa veiga é pouco pero variado. Temos millo do país, millo corvo, millo do de facer "palomitas" e tamén unhas mazarocas pequenas e vermellas das que non sabemos o nome pero que seica son moi boas para a millarada, pois as ovellas gostan moito del.
Xa desfollatamos e debrullamos o millo do país. Puxémolo a secar para poder levalo a se
E mentras traballábamos aprendimos unha nova cantiga:
"Millo verde millo verde
ai millo verde millo verde
ai millo verde miudiño"
Logo fomos dar un paseo para comprobar se o "noso " carballo xa estaba perdendo as follas, que non, e aproveitamos para coller unhas noces da nogueira de Camilo e unhas poucas castañas do castiñeiro da señora Maruja.
No hay comentarios:
Publicar un comentario