martes, 6 de octubre de 2009

DESFOLHAR

Ao ser Vide raiana con Portugal, as relacións familiares, personais e aínda económicas son abondosas, por iso o de "os nosos viciños portugueses"non é aquí un xeito de falar senón unha realidade de influencias mutuas que nos enchen de riqueza .

E descubrimos que "os nosos viciños" no lugar de desfollatar din DESFOLLAR, pero desfollataban de xeito parecido.

Neste video podédelo comprobar.

Chamounos a atención a canción que o acompaña e investigamos un pouqiño.

O seu título é "Desfolhada" e en 1969 , interpretada por Simone De Oliveira, representou a Portugal no Festival de Eurovisión que ese ano se celebrou en Madrid. Por certo, que no Portugal de Salazar daquela, montouse un bo lío porque na canción dise "Quem faz um filho, fa-lo por gosto"

1 comentario:

Ana dijo...

que mal sona cando o presentador di "Ahora interpretarán la deshojada". Encántame como integrades o contorno no día a día da escola.

hoxe decidinme a facer un comentario so para que saibades que me gusta moito o voso blog e que sempre que poido sigo o que estades a facer.Eu non son mestra pero teño unha filla pequena e me gustaría que cando vaia a escola a asúa escola fora como a vosa.

Ana.