
Marta, que hoxe era a encargada, ficou toda enfadada. Era martes, ela a encargada, e polo tanto tocáballe escribir no blogue Cousas das nenas e nenos de Vide, e por máis que lle explicabamos que este trimestre imos facer outro blog: O blog da veiga, non se daba conformado.
Como Marta e moita Marta pedíu.. ¡¡¡¡que se votara!!!!
¿Que se votara?¡Como cambiou o mundo!
Lembrei o primeiro día na escola de Marta. Tan pequeniña, cos tres anos recén cumplidos. Estabamos sentad@s na roda e eu recordaba cos maiores "as normas de funcionamento". Nun momento dado, dixen algo de que era eu quen mandaba na escola. Marta levantou a man, e eu quedei encantada do axiña que esa nena "aprendera" a pedir a palabra. Gabeina diante de tod@s polo ben que o fixera e deille a palabra, entón coa súa sonora voz púxose de pé, e mirando para min dixo ben alto:
- ¡ EU TAMÉN MANDO!
Quedei muda, e cando me recuperei, logo de darlle as gracias pola súa opinión , para sair do paso improvisei non sei xa que historia da que recordo sobre todo que conxuguei moito o verbo mandar : eu mando ti mandas el manda.....¡eu que sei como saín!. Era o seu primeiro día e fíxo que me "comera o coco" unha semana.
Ben, o caso e que hoxe tiven que "fiar ben fino" para que a decisión final- logo de votar, por suposto- fose o que eu tiña preparado: iniciar un novo blog.
Aínda así Marta, tirando da corda, diante dos feitos consumados dixo:
- Bueno, pero entón hoxe tócame a min buscar no jujel leituga.
E eu apresureime a dicir: ¡¡¡Por suposto!!!!
¡Ai Marta, canto vou votar de menos o ano que ven as túas "discrepancias"!E sigue sempre así, batindo ben forte as túas ás!
1 comentario:
Para Marta, para todos os nenos e nenas de Vide, para Sabela e as mulleres de facedes posíbel tanta máxia, o noso premio.
Biblioteca Brea Segade
www.blogoteca.com/bbs
Publicar un comentario