sábado, 18 de abril de 2009

Educación documental e leitugas


Xa dixemos noutra ocasión que nos gustan as leitugas, por iso todas as primaveras as leitugas ocupan o mellor bancal da nosa horta.

Pero este ano cando chegaron as "leitugiñas" a escola para ser plantadas, decatámonos que non todas eran iguais. Había leitugas de folla lisa e verde, leitugas de folla marrón e ovalada, unhas coas follas lobuladas, outras rizadas.... e as nais falaban de raiñas de maio, de marabillas do verán...

Nun plis plas pasaron de ser leitugas a converterse en ¡¡¡LEITUGAS!!!, e as bocas enchéronse de preguntas, os ollos de cores e as caras de maravillas.

E aquí estamos. Cunha boa lista de traballo e brincadeira.

Porque @s nen@s e eu, vimos que sabiamos ben pouco e agora, queríamos saber MOITO.

  • - Coñecer o nome e as características das distintas variedades de leitugas que se plantan en Vide.
  • - Saber que variedades son as preferidas e por que.
  • - Averiguar quen planta leitugas, cando, cantas, donde e como.
  • - Plantar moitas variedades de leitugas na nosa veiga e cuidalas para que crezan sans e fermosas.
  • - Facer moitas ensaladas e comprobar se teñen distintos sabores.

E para saber tanto imos ter que:

- Preguntar as nais, avoas, veciños....
- Buscar información na Biblioteca e en internet.
- Visitar moitas hortas e facer entrevistas.

E sabe Deus cantas cousas máis que iremos contando no blog da veiga , que este ano imos chamar....... O BLOGUE DAS LEITUGAS!!!!!!

E como non podiamos deixar as leituguiñas esperando, xa as plantamos na nosa veiga, á espera de que aprendamos máis cousas delas e de paso, aprendamos a "documentarnos".

4 comentarios:

Leo dijo...

Un magnífico pretexto para aprender a investigar. Esperemos que nos tranmitades todo eses saber que ides acumilar sobre leitugas. Tan frescas e tan alimenticias, coma o voso blogue.
Bicos desde Malpica

Loly dijo...

Que afortunados son os nenos e nenas de Vide por poder disfrutar dunhas experiencias tan marabillosas e que nunca esquecerán. Parabéns Sabela polo teu magnífico facer!!

Anónimo dijo...

¡que sorte a nosa ter tan boas amigas e amigos que nos din cousas tan bonitas!!!!

Unitaria de Vide dijo...

Nada de anónimo de parte das nenas, dos nenos, da mestra e e Toda a Unitaria de Vide.