lunes, 20 de abril de 2009

lampreas

Hoxe estivemos moi ocupado@s coa palabra leituga e logo escribindo a primeira entrada do noso novo blog:
O BLOG DAS LEITUGAS

pero logo tivemos unha visita coa que nos divertimos moito:

O señor Pepe, o Curro, cando volvía da pesqueira que se chama Paneliña, de levantar as lampreas, parou na escola e abriu o saco....

¡¡¡Viñan dúas lampreas enormes!!!

Érika, Marta e Carliños, sen medo algún a eses bichos un pouco feos que parecen serpes, botaron man delas mentras as lampreas se retorcían e querían escapar abrindo e pechando a súa boca/ventosa.
Houbo quen escapou berrando, eu, e quen se fartou de rir, tod@s.
Despois, vimos que José o Camiña ía para as pesqueiras, tamén a levantar as lampreas e pedímoslle a Luís, que o acompañaba, que levara a nosa cámara para sacar unhas fotos.

Cando as trouxo, explicounos que o rio ía moi cheo e pasaran moito traballo para levantar as redes, e que só poideran levantar a da pesqueira que se chama Carreteira, pero que tamén colleran dúas boas lampreas.

Vimos todas as fotos e escollimos as que máis nos gustaron.
Deixámolas para que vós tamén pasedes un poquiño de medo.

¡Co feas que son e o ricas que saben!





7 comentarios:

Loly dijo...

Esta rapazada de Vide, non só é lista senón que tamén é moi valente. Vaia que se son quen de coller eses bichos tan feos... pero sonche tamén ben ricos, non si? Eu xa os teño probado e gustáronme moitísimo.
Que envexa, canto me gustaría ter estado aí convosco!!

Anónimo dijo...

Cada vez que aparezo por aquí alucino, encántame a idea de aproveitar calquera acontecemento para ensinar, creo que si moitos fixeramos coma ti, miña querida Sabela, habería bastante menos fracaso escolar e de todo tipo. ¿Por certo estaban ricas, poidestedelas probar?. Que conste que eu tamén berraría... porque mira que son feos eses bichos.

Unitaria de Vide dijo...

Ai Loly! Si estiveras aquí haberías de sair pitando, como fixen eu, que as lampreas teñen moco na pel e escorregaban das mans d@s nen@s.Saían disparadas e tal semellaba que ían a por min . ¡Os berros que din!

Unitaria de Vide dijo...

...e de probalas nada. ¡¡¡¡Tocalas!!!

pandereteira dijo...

que medo!!! si estou eu ahi dou un chimpo que me fichan para as olimpiadas...

Antonio Mariñas dijo...

a min gústame moito a lamprea e todos os anos vou ata Arbo a comela, espero que a que coma este ano sexa unha lamprea recien collidiña do Miño como esas que tedes na man.

Felicidades para esta escola tan ligada á vida do seu redor.

Miguel Vila (Colineta) dijo...

Pois a min as lampreas parécenme bonitas, con esa cor tan chamativa e os olliños pequerrechos. Ata a boca aberta me lembrar esas imaxenes de fractais tan impactantes.
E as nenas da escola máis valientes que a meirande parte dos adultos.