jueves, 2 de abril de 2009

Cumpreanos de A Dúas.

Polo cumpreanos da Biblioteca, que foi onte, mercámoslle dous libros como agasallo e puxémolos nunha caixa de cores cun lazo que deixamos enriba da mesa azul.

Hoxe cando chegamos, a caixa estaba aberta e os libros colocados na mesa do ordenador, como se a A2 nos dixera :

- Gustáronme moito, agora tedes que poñelos no MEIGA e levalos para casa.

Puxémolos . Eran estos:



Firmin. Sam Savage. Editorial Seix Barral.

Un libro de libros, lixeiro de ler, con frases lapidarias para partirse de risa, no que se relata a historia dunha rata que vive no soto dunha librería "devorando libros", e á vez que alimenta o seu estómago, vai alimentando o seu cerebro.




O último canto. Pablo Albo. Editorial OQO.

O galo cantor esperta a toda a aldea, todos os días cantando dende o alto do campanario "O soooooole mioooo......"
Pero pasan os anos e faise vello.
Un día decide poñerse a durmir e xa non se acorda de despertar.



Para a volta das vacacións témoslle preparada unha boa festa, pero hoxe limos o libro "O último canto" ben alto, e logo, subid@s as sillas da Biblioteca cantámoslle "Paravens pra vose" e , por suposto "OOOO sooooole miooooooooooooooo.....!, que estivemos a aprender gracias a este video.

Deixamos tamén a letra por si vos animades a cantar. Veredes que ben o pasades.
Á nosa Biblioteca encantoulle.

CHE BELLA COSA NA JURNATA 'E SOLE,
N'ARIA SERENA DOPPO NA TEMPESTA!
PE' LL'ARIA FRESCA PARE GIA` NA FESTA,
CHE BELLA COSA NA JURNATA 'E SOLE.


MA N'ATU SOLE CCHIU` BELLO, OJE NE',

'O SOLE MIO, STA 'NFRONTE A TE!
O SOLE, 'O SOLE MIO, STA 'NFRONTE A TE, STA 'NFRONTE A TE!




4 comentarios:

Loly dijo...

Parabens pra vose!!!!
Dende O Segrel do Penedo queremos amosar a nosa inmensa ledicia por ter compartido con vós tantos e tan bos momentos que esperamos continúen moitos, moitos anos máis. Realmente a blogosfera sen vós non sería o mesmo.
Querémosvos!!!!

Unitaria de Vide dijo...

¡moitas gracias Loly, ¿ pero estás segura que habería blog sen a vosa axuda ou sen poder pasear polos vosos blogs e sentir que formamos parte de "iso"?

pois nin se nos houbera ocurrido.

Mateo dijo...

INFRONTE A TE

pandereteira dijo...

Mateo quería escreber "infronte a te" e así o fixo (mentres escoitabamos unha e outra vez "o sole mio")