Dende que empezamos co conto de Wangari e o blog das tarefas @s nenos estarán aprendendo pero a mestra...Canto está aprendendo a mestra!!!!.
Xa sabía que os proxectos de traballo son dinámicos, pero agora, co blog pasan cousas como esta:
Eu propoño que "preman" nunhas imaxes porque penso que logo poderemos falar de Wangari, onde vive, de Kenia, a súa paixase, as árbores... e eles deciden que van falar, e falan, e queren ver máis imaxes, e como se escribe... león, elefante, xirafa, e porque un guepardo non é un tigre,e si ó elefante da foto é o pai ou a nai... e dícenlle á profe - a min- :
-Profe garda estas fotos- as dos animais- e logo as imprimes, e tamén podes poñelas aquí - no blog- para telas todas xuntas.
- E tamén lle podes poñer debaixo o nome e así xa miramos nós como se escribe.
- E podes facer unha ficha de fotos.
- E.. e.... e....
E o mundo ao revés. ¿Ou será así o mundo ao dereito?
E marchan para casa avisando:
- Profe, acórdate de facer os deberes.
Acordeime.
No hay comentarios:
Publicar un comentario