jueves, 26 de enero de 2012

ALBA ENFADADA

Hoxe teño que falar de Alba.
Onte chegou xa  con ganas de "festa" e pasou a mañán refunfuñando por todo.
Cando o recreo rematou e eu mandei entrar, ela e outras tres máis decidiron non facer caso e seguir xogando na area. Ao ver que de entrar nadiña de nada, pecheilles a porta e agardei algunha resposta.
As "amigas" fixeron amago de botar a correr e entrar pero entón Alba, cargada de autoridade díxolles:
- Non pasa nada, si non nos abre a porta seguimos xogando.
Samara, a máis pequena, púxose a chorar e entón eu, abrindo a porta díxenlles:
- Podesde dicirme que vos pasa?
Entón Alba, cargada de "santa indignación" berroume:
- Mira o que fixeches!!! Fixeches chorar a Samara!!!
- Eu?
- Si, tiiiiiii. Pídelle perdón!!!
Bueno, entraron, sentámonos na roda para falar , "arreglámonos" todas pero Alba seguíu sen baixarse do carro, así que logo dun rato sen solución posible, díxenlle:
- Mira Alba, imos seguir co traballo e logo, quedámonos a falar ti e máis eu , vale?
Ela debeu imaxinar algo terrible , veu detrás de min e  moi suave díxome:
- Sabes o que pasa? que si non como ... eu morro!!!
Eu seguín andando. Ela colleume da chaqueta, púxose diante de min, e con "paciencia" explicoume:
- Profe, escoitame: EU SI NON  COMO MORRO!!! E SI MORRO...QUE VAS FACER TI , EH????

Agggg! Esqueceuseme dicir que Alba ten catro anos.

Hoxe a súa nai contábame que cando lle preguntou polo "problema" que tivera na escola contestoulle:
- O problema o tivo a profe: fixo chorar a Samara, que é pequeniña.
Pois vai ser que teño un problema.
Pero hoxe Alba foi a primeiriña en entrar do recreo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

UN VIVA PARA ALBA.

QUE NO CAMBIE Y SIGA PELEANDO.

SIGO VUESTRO BLOG Y ME ENCANTAN LAS ENTRADAS COMO ESTA.