lunes, 16 de septiembre de 2013

...como dicíamos onte...

Este curso na unitaria non hai "pequeniños", pois non hai alumnado de 3 anos, e como xa todos son "vellos", entraron o primeiro día pola escola adiante tan campantes.

Eu e as nais estabamos a saudarnos, comentar sobre o novo curso....falar... e nisto, decatámonos que todos os nenos saían correndo pola porta para fora.
-Que pasa?, onde ides?- pregunto eu.
- Imos ver o ceo, para poñer o calendario- dime Antón, e continúa- eu son encargado de día e xa pasei lista. Estamos co calendario pero tes que axudarnos para poñer o día, que non sabemos que número é- e seguíu aos outros.

As nais e eu quedámonos abraiadas.

E o "periodo de adaptación"?

Era para ver. Nós a falar e eles a "dar clase".

Despedímos correndo e eu funme ao contacontos, onde facemos a asamblea das mañáns, e onde
xa todos de volta, estaban sentándose.

Antón díxo:

- Puxemos o cartaz de ceo con sol.

E eu contestei:

- Ben, pois como dicíamos onte.....