Hoxe pola mañán fomos ata a casa de Antón, porque Antón ten abellas.
Acompañáronnos Ana e Mariló, as nais de Samara e Saúl.
O pai de Antón esperábanos para explicarnos como viven as abellas.
Explicounos como eran as colmeas, como se organizaban, como se recollía o mel... tocamos as colmeas, os paneis coa cera, a roupa do apicultor, o afumador... e logo achegámonos ás colmeas para ver como as abellas obreiras entraban e saían traballando.
E logo Edorta, o pai de Antón deunos a probar o mel.
Que mel tan rico!- dicíamos todos, e seguimos comendo os bocadillos que Edorta nos tiña preparado.
Como parecía que quería chover, démoslle as gracias ao pai de Antón e marchamos correndo de volta para a escola, que aínda había camiño que facer.
Cantas cousas aprendimos das abellas!
Gracias Edorta.
2 comentarios:
Cando sea o tempo, levaremos á Escola uns panais con mel para que os nen@s e a mestra se pringuen as mans escurrindo o mel.
Grazas pola visita!
Gracias a vós por nos atender tan ben.
Unha apreta.
Publicar un comentario