Na biblioteca pública de Ribadavia, paseamos polos seus distintos espacios- moi caladiños que había xente lendo e estudiando- e na sala de infantil, que Tereixa, a bibliotecaria, tiña preparada toda para nós, estivemos un montón de tempoe lendo, escoitando contos e falando. De esta biblioteca e da nosa, de como estaba organizada unha e outra, de libros e editorais..., e de espacios, que foi a única pega que lle atoparon. Un pouquiño escaso para a morea de nenos que o luns pola tarde a invadíu.
Cando marchabamos, Tereixa fixo saltar a todos de alegría: de agasallo un libro para cada un, e para a nosa biblioteca unha bolsa chea deles.
Que gusto da visitar unha biblioteca como esta, cunha bibliotecaria como Tereixa!
E logo, un paseo por Ribadavia, o seu castelo e o barrio xudeo, coas súas rúas estreitiñas e os soportais.
Merendamos no parque, xogamos un pouquiño e... a coller o tren de volta `para Vide!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario