Cando no Nadal fumos cantar os Reis a As Neves e por Vide, recollimos aguinaldo. Algún en especies, pero tamén en cartos.
Por "apabullante maioría" decidíuse empregar os cartos en xogos de colchonetas, para cando viñese o bo tempo.
O bo tempo parece que ao fin deu chegado, e o vindeiro mércores a Biblioteca vai agasallar a todos os nenos e nenas que foron cantar os Reis, aos seus amigos e familias, cunha tarde de festa rachada: colchonetas, burbullas, un obradoiro de globoflexia, contacontos, merenda......
Aquí queda anunciado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario