Non podiamos deixar de celebrar a noite de San Xoán e o sábado quedamos na escola pola tarde para facer o meco. Geni, como todos os anos, trouxonos a roupa e de Digna era a palla para enchelo. Fomos ao "Avelino" a polos petardos que sempre leva dentro e entre uns e outros armamos un bo meco que levamos ata Chan de Vide no tractor de Celestino e alí, logo de montar a fogueira coa leña e madeira que os viciños foran deixando, Bruno subíu ás escaleiras para colgar a "Delfino" ben alto.
O traballo viusenos enriba e non nos deu tempo de ir á procura das herbas de san xoán, para facer o cacho, así que é posible que a pel das nosas preciosas facianas tome nota delo. Xa veremos.
Ceamos na carballeira de A Chan e ás 12 en punto prendimos lume a fogueira.
Antes, todos os nenos e nenas, e algún que outro "infiltrado", puxeramonos en roda arredor dela para cantarlle:
Delfino vai en coche
Delfino en coche vai
Delfino vai en coche
á fogueira de San Xoán.
Despois, cando o lume chegou ata Delfino e levouse con el todo o malo que fixemos, que sentimos, que pasou neste ano, choramos e berramos pero tamén aplaudimos por estar xuntos cantando e bailando na noite de San Xoán.
E tocamos as pandeiretas e as gaitas, e bailamos e cantamos mentras esperábamos que chegase a mañán da noite de San Xoán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario