Este é o nome dunha colección de contos creada por Adela Turín, unha muller pioneira en literatura infantil alternativa.
Dentro da colección destacan:
Arturo y Clementina.
Una feliz catástrofe.
Historia de los bonobos con gafas.
Rosa Caramelo
Adela Turín proponnos uns modelos de contos e situacións diferentes, tomando partido polas nenas.
En España foi editada esta colección por Lumen a partires do ano 1988, e hai uns anos volveu a reeditar, de todos os xeitos non é doado atopar algúns dos contos.
En Vide, Arturo e Clementina, son dúas tartarugas ben coñecidas, e en canto chega o bo tempo todos os anos nos achegamos ata A lagoa do Inferno, para ver si saudamos a Arturo, que Clementina hai anos que marchou a recorrer o mundo, de feito mandounos unha carta dende Venecia.
Este curso, polo 8 de marzo, imos traballar "Rosa Caramelo", para iso temos feita unha recopilación de recursos no noso blog Contos para ver e ler
2 comentarios:
moitas gracias polo traballo que estás facendo no blog contos e cantos, sempre teño a onde ir para que a miña nena vexa un conto.
Inés
Onde andará Clementina....
Eu creo que xa non está en Venecia, alí fai moi mal tempo. Seguro que está no Brasil, dançando samba e tomando o sol.
Publicar un comentario