Noa víñanos pedindo dende había varios días que foramos ata a súa casa, que tiña POMBAS DA PAZ.
Bea, a súa nai, propúxonos unha pequena excursión: ir ata Mirenciños, visitar a finca de José de Anselmo, que ten moitos paxaros nunhas enormes gaiolas, e logo ir ata o "campo do cego" onde ela nos invitaría a un pequeno almorzo e poderíamos ver as pombas de Noa.
Meu dito meu feito. O venres alá fomos.
Quedamos abraiadas ao ver as gaiolas de Pepe, pero tamén cos coellos e o loro que tiña María do Farruco, a súa veciña. Na casa de Noa comprobamos que si, eran pombas da paz- igualiñas igualiñas que as que pintamos nós, dixeron todos os nenos- e de remate churros, empanada e galdrumadas variadas, que fixeramos un longo camiño e tiñamos que alimentarnos.
Moitas gracias Bea.
E gracias a Rocío a nai de Alba, esta vez temos un video "pequeniño" de cando saiamos da escola para comenzar a excursión.
Aquí esta:
1 comentario:
claro que sabela vai en coche, porque ¿alguen viu a Sabela ir andando?
Non me digas que ata tes unha canción!
un biquiño. Eva
Publicar un comentario