A festa de Entroido foi unha festa de pallasos, non podía ser doutro xeito. Si ata ía de pallasa Lola a esqueleta!.
Disfrazámonos to@s na clase coas camisas que pintaramos coas mans, os lazos, a peluca azul, unha vara con globos e a cara pintada de Charlie Rivel, e por si isto fora pouco, unha sorpresa: a uñas pintadas de azul, como o pelo.
Apareceron uns maruxos para nos acompañar no noso paseo ata Chan de Vide: unha pallasa "pija", un zombi, varios pallasos divertidos, un Napoleón que parecía un domador e ata un médico!
Na Chan de Vide xogamos as carreiras de sacos e reímonos un montón, sobre todo cando corrían as mamás e os papás.
Logo, de volta na escola, nais, pais, nenos e nenas e mestra, degustamos unha comida exquisita que nos tiñan preparado as nais e os pais. De postre orellas, claro.
Que boa festa de Entroido nos saíu!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario