¿A quen lle gustaría ter a oportunidade de aprender a construir o seu propio pandeiro?
Ás pandereteiras de Vide, por suposto.
Así que o pasado sábado, organizadas en dous grupos: mañán e tarde, a Unitaria convertiuse en obradoiro de instrumentos tradicionais, no que 17 mulleres de Vide construimos o noso propio pandeiro.
Agora queda a segunda parte: aprenderr a tocar o pandeiro, pero seguro que non tardaremos en "dominar o instrumento".
1 comentario:
Este panderio que toco,
este que teño na man-e
o fixo unha de Vide,
ai que ben ha de sonar-e.
(non podo superar as coplas de Sabela, pero...)
Que boas costureiras-artesáns que somos!!!
Publicar un comentario