Supón sempre unha visita moi especial e esperada.
Porque abrir a nosa escola á súa mirada xenerosa, ás súas apretas e comentarios, é recoller azos para o resto do ano.
Porque encontrarme FISICAMENTE coas súas miradas, recibilas e devolvelas sentindo como compartimos un xeito de entender o ensino e a escola pública, retórname ao resto do mundo.
Porque para a "comisión da Biblioteca ", o grupo de mulleres nais/avoas/viciñas da escola que o longo destes anos de Plambe se teñen convertido nas miñas "compañeiras" dispostas sempre a emprender calquera traballo bibliotecario apoiando e levando adiante calquera actividade da escola- e sempre na boca un cantar- esta visita supón VISIBILIZARSE diante doutros mestres e mestras que saben recoñecer o seu labor , a importancia e valor do seu traballo.
E foi un día de festa. QUE FESTA!
Dende ben cedo a "Comisión de Biblioteca" non parou, entre limpezas , olas, potas e sube e táboas para facer mesas.
Pero A Casa da Auga lucíu magnífica. Cando as mesas comenzaron a encherse coas fontes de lamprea rechea que prepararan Pilar, Tereixa, Geni e Isabel, as tortillas de Sara, Rocío, Ana e Bea, os pementos recheos de Paqui, as empanadas de Mónica, Digna ou Nuria, o pastel de verduras de Estefanía, os entrantes de Sita, o viño de Linda, os postres de Fina, Vanesa, Geni, Rocío, Sandra ou Fátima, o licor café de Lurdes...... todo quedou listo para recibir aos nosos invitados e invitadas que chegaron cargados de agasallos- bandexas e caixas de galdrumas e bombóns aderezados de poemas que hoxe foron a ledicia dos nenos da escola- .
Parecía unha voda.E como nas vodas comimos, cantamos e bailamos, pero sobre todo disfrutamos do pracer da compañía.
A noitiña, cando xa os invitados retornaran ás súas casas, quedamos nós, a comisión de Biblioteca, a saborear o día.
E a cear, que tocaba "revoda".
AQUÍ o enlace ao álbum de fotos de Emilio
AQUÍ un enlace a unha presentación feita por Loly
AQUI un enlace ao video de Emilio das "cantareiras"
AQUÍ a preentación/recopilatoria feita por Charo
1 comentario:
menuda fiestas sabeis preparar en Vide, yo estuve en el Fiadeiro y quede asombrada de como trabajais.
enhorabuena.Sara
Publicar un comentario