Este é o conto que contou Wangari:
Todo o monte estaba ardendo e o incendio espallábase máis e máis.
Os animaís fuxían espantados buscando o río para tentar salvarse.
Nisto viron como un colibrí voaba cara o lume.
- Que cousa máis rara- dicían- ese paxaro está tolo, nós fuximos e el vai cara o lume. Está tolo!
E pararon a ver que facía.
O colibrí voou ben alto no ceo ata o centro do incendio, e dende alí soltou, con moito cuidado, unha pinguiña de auga que levaba no peteiro.
O colibrí ía e viña, deixando cair cada vez unha pinguiña de auga.
- Ehhhhh!!!!- berráronlle os outros animais- que fas? Estás tolo?
O colibrí, case sen folgos, pousouse na pola dunha árbore e dixolles:
-Eu? Eu estou facendo TODO O QUE ESTÁ NO MEU PODER para parar este incendio.
2 comentarios:
UNS POÑEN O SEU GRAO DE AREA E O COLIBRÍ PON A SUA PINGUIÑA DE AUGA.
PRECIOSO CONTO.
Encántame o que facedes nesta escola. O bo gusto e delicadeza co que traballades. Parabéns
Publicar un comentario