miércoles, 20 de enero de 2010

COMENTARIOS ÁS ENTRADAS

Hoxe caseque quedamos sen alumnado. Seica hai un "virus" pululando por As Neves.
Como eramos moi pouquiños, traballar no blog foi moi doado.
Aprendimos a ver os Comentarios ás entradas da semana pasada ao blog das tarefas, buscar quen podía ser, de onde, e contestar.

Estaban encantados, e eu moi agradecida ás compañeiras de outras bibliotecas que deixaron o seu comentario .

Tomáronno tan en serio que me decatei que isto era tan importante como o propio proxecto de traballo e tiña que darlle a importancia que merecía.

Isto foi o que escribiron Saray, Jose e Javi:

A María:

PINTAMOS MOI BEN.
VIVIMOS EN VIDE.
VIDE ESTÁ NO PLANETA TERRA.
WANGARI É DE KENIA.
CERVO QUEDA MOI LONXE.
MOITOS BICOS MARÍA.

A Leo:

LEO TES UN NOME MOI RARO.
VEN AO BLOG SEMPRE PERO NON NOS DEAS COLETAZOS.
TEMOS UNHA BIBLIO AO LADO DA CLASE.
TEMOS FABAS NA VEIGA.

BICOS DE JOSE SARAY E JAVI.

A Mateo, que hoxe non veu a clase:

MATEO QUEREMOSTE MOITO.


Sorprendente , verdade?

Cando chegaron as nais e pais a buscalos, proxectamos o blog na pizarra dixital e tod@s estivemos a ler os comentarios e as respostas. Aínda rimos un pouco coas súas saídas, e sentímonos moi orgullosos dos nosos nenos e nenas.

1 comentario:

BIBLIOCERVO dijo...

Grazas a Tod@s pola vosa contestación. Sodes do que non hai!! Xa vexo que vos informástedes onde quedaba Cervo, Bueno, está lonxe si medimos a distancia en kilómetros, pero non está tanto si nos comunicamos a través do blog. Mirade que cerquiña estamos que eu sigo o voso traballo cada día!!
Unha aperta para tod@s e que as vosas ansias de aprender non se esgoten nunca: