lunes, 4 de enero de 2010

non choveu !!!

Todo o día mirando para o ceo. Preparamos os tractores e non as tiñamos todas con nós. Deron as catro da tarde e empezou a poallar....

Pois que chova!, dixemos, e montamos nos tractores.

....E PARAOU DE CHOVER!!!

e cantamos e cantamos toda a tarde subindo e baixando unha e outra vez dos tractores- aínda hoxe teño maniotas-.

Rematamos na Casa da Auga onde tiñamos preparada unha ESPLÉNDIDA merenda, ben merecida.

Fallounos a "proba documental": esqueceusenos sacar fotos da festa na casa da Auga, os videos saíron sen voz- unha mágoa pois cantamos como os anxos- e do recorrido, poucas fotos poidemos aproveitar, pero NON NOS IMPORTA NADIÑA, porque.....

¡NON CHOVEU!

1 comentario:

A Marela dijo...

Ben din que tanto chove neste mundo coma fóra. Nestes tempos hostís por decreto, entendo ben o dito. Aínda bo é que quedan mundos coma o voso. Quen me dera estar aí!