jueves, 28 de enero de 2010

CONFLICTOS

Hai días que a Unitaria é ese lugar privilexiado onde podes parar o tempo , esquecer as tarefas programadas, calendarios e horarios, sentarte na alfombra e "só" escoitar, dar palabras , mediar e axudar a que os nenos e as nenas resolvan os seus CONFLICTOS.

Porque hoxe no recreo tivo lugar a GRANDE LIORTA.

Dous minutos de labazadas, piñas, empuxóns, berros... e logo..... choros, moitos choros.

Contexto: As nenas decidiron que TODOS ían xogar a pillar, pero os nenos non querían. A elas tanto lles tiña o seu desexo e pilláronos, levaronos ao cárcere....ata que eles marcharon para o cuberto avisando que NON QUERÍAN XOGAR. Elas, teimudas, foron onda eles a pillalos de novo.

....e dous nenos botáronas fora a piñas... e dúas nenas contestaron con labazadas... e... e... e remataron os catro chorando.

E fomos para dentro a "solucionar".
Nas primeiras roldas de intervencións todo estaba moi claro:
Se os nenos non querían xogar, elas non podían seguir molestando.

PERO:

Elas: Os nenos son VIOLENTOS, porque se nos dixeran "por favor non nos pilledes que non queremos xogar" ben alto, en vez de bater en nós, pois xa non pasaba nada.
Eles: Pode ser que llo dixeramos baixiño, pero non nos facían caso e non nos quedou máis remedio que "darlles".

E houbo que seguir fiando.

Pouco a pouco foi quedando claro que unhas por non facer caso cando lles dín "NON", outros por resolver batendo, outras por responder con máis....estaban tod@s metid@s nun lío.

Chegados a este punto, unha das nenas preguntou con voz toda agoniada:

- ¿E si nos pedimos perdón e falamos, solucionamolo?
- Non sei- dubidei eu- non sei. Isto foi MOI GRAVE.
Entón choveron as propostas:
- Mira como nos damos apretas, e bicos.... e ti non ME BATAS NUNCA MÁIS, e tí TAMPOUCO ME BATAS A MIN, e ti pídeme perdón, e eu douche unha apreta MOI GRANDE........

- ¿Ves profe como solucionamos FALANDO?

E a mellor:
- Profe, hoxe AINDA non era o día da paz.

E con tanto falar déronnos as dúas da tarde.

Para casa que xa era hora. Conflicto solucionado.




vía Trafegando Ronseis

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

A lóxica dos máis pequechos que os grandes temos esquecida!!
Pedir perdón, falar, apertas, bicos... Grazas por esta fermosa lección de convivencia, de PAZ.
Bicos e apertas pacíficas

Unitaria de Vide dijo...

a min "aprendéronme" que os SEUS problemas merecen toda a atención e tempo necesario.

Unha apreta "Segrel"

Leo dijo...

E toda esa inocencia-sinxeleza-rotunda...¿a onde vai mentres medran? Si foramos quenes de conservala...
Parabens a eses hábiles negociadores e á súa moderadora.¡Menuda lección de humildade para os foros sesudos!