Hai días perfectos. Como onte, sábado.
Xantar con Loly, Antonio, Beni, Gina e Carmen, @s intrépidos plambeir@s que logo de cruzar cáseque toda Galicia foron quen de chegar ata o Sol do Condado sen perderse.
O albariño, sempre amoroso, deixou que fóramos enchendo a lamprea de bibliotecas e clubes de lectura e disfrutar así, paseniño, do sabor das experiencias compartidas co arrecendo afumado da lamprea escalada.
Logo, a vella escola Unitaria abríu as súas portas para que a Biblioteca A Dúas, enchida de fachenda, recibira unha visita de gala.
E de remate, o grupo de mulleres da "Comisión de Biblioteca", e algunha mais, esperábannos na Casa da Auga coas súas pandeiretas e cantares, para lembrarnos que sin elas a Biblioteca " A Dúas" estaría orfa, que a Escola Unitaria tamén é a súa responsabilidade e que Vide é un fermoso lugar para vivir.
E eu xuntei a miña voz coa delas, sen esquecer que cando cheguei a Vide, hai dez anos, abrín a porta da escola e sen saber a quen, cantei:
Axudaime compañeiras
botademe unha axudiña
que non me podo axudar
desta miña gargantiña
e viñeron todas.
6 comentarios:
Foi unha visita inesquecible por moitas razóns, tivemos unha anfitriona de primeira, a comida foi exquisita, visitamos unha ESCOLA como as que xa non quedan (cunha mestra excepcional) e recibíronnos unha nais que coas súas pandeiretas fixeron sentir como na casa.
Apertas dende Fene!!
Sabela: o dia perfecto foi para nós, polas lampreas, polas A DÚAS, polas pandeiretas, as voces, e ese non parar de aprender divertíndonos.
¡Pena sentín de non poder estar ahí!.
Un biquiño
Isa
Pois eu tamén sentín pena por non poder acompañarvos. Pero gustoume moito a vosa escola e tamén a "Dúas", tamén me gusta a mestra e por suposto a comisión de biblioteca. Polo que contas si que é un lugar preciso para vivir, espero coñecelo algún día.
Moitos bicos e moitiiiiiiiiiiiiiiiisimas noraboas dende Arzúa.
Biblioafonso estivo representada polos GBI e as outros plambeiras e plambeiro. Impresionante xornada. Agarimo, paixón, cordialidade e... albariño. Fantástico
Desde as Canarias sentín moita tristura por non poder compartir con vós ese fermoso día.
Publicar un comentario