un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
lunes, 20 de octubre de 2008
Los hombres que non amaban a las mujeres, outra historia.
Nos Encontros de Bibliotecas Escolares a Biblioteca A Dúas recibiu un agasallo de parte do GBI: o libro "los hombres que no amaban a las mujeres" de Stieg Larsson.
Foi un agasallo ben atinado, pois este libro xa andaba rolando "de prestado" entre as mulleres de Vide e era unha compra prevista para a nosa Biblioteca A Dúas da Casa da Auga.
Este libro, e o seu autor, gardan unha historia dentro da historia.
Stieg Larson morreu en 2004, aos 50 anos dun ataque ao corazón logo de ter escrito tres novelas pero antes de ver publicada a primeira. Era un periodista comprometido e especializado en investigación: extrema dereita, violencia contra as mulleres, corrupción...e moi aficcionado á ciencia ficción e á novela negra, que ata os 47 anos non se decidíu a escribir a súa primeira obra, e facíao de noite e nos ratos libres. Sobre estes mesmos temas escribirá na saga que comenza con "Los hombres que no amaban a las mujeres".Pero ademáis a súa morte , e o éxito póstumo da súa obra, dará lugar a outra historia: morreu sen facer testamento- aínda que parece que agora se atopou un, sen valor xurídico- e a súa compañeira,Eva Gabrielsson, coa que levaba convivindo 32 anos e coa que non casara, quedou sen ningún dereito, pois os herdeiros legais son dous homes: o pai e o irmán de Stieg, cos que segundo contan, estaba moi distanciado.
Si queredes seguir lendo a Larsson- en castelán- teredes que esperar ata finais de novembro, cando será publicada a seguinte novela da serie: "La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina " pero mentras, propoñémosvos algunhas novelas de escritoras suecas de novela negra que tamén paga a pena ler:
Dinamita, de Liza Marklund
Sospecha, de Helen Tursten
La princesa de hielo de Camila Lackberg
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A min o libro encantoume, e a verdade é que agardo novembro para ler o segundo. Dos que recomentdas só lin o último, que me parece de peor calidade. Tentarei ler os outros dous. Grazas pola recomendación. Encántame a novela negra. Se vés algún día ata o blogue verás como este verán foi ao que me dediquei. Unha aperta
Publicar un comentario