O venres pasado fumos ata a casa de Carliños, no lugar de A Escarabilleira, no alto de Vide.
Tiñan tantos animais como Carliños nos dixera: vacas, cuxos, porcos, galiñas, parrulos, pitiños, cadelas, cabra, coellos e un paspallás.
Entramos nas cortes e nos cortellos, e Carliños foinos explicando o que comían e o que lles gustaba facer a cada un dos animais.
Logo Soraya invitounos a refrescos e galletas, comimos o bocadillo e voltamos para a escola.
No camiño paramos a falar co avó de Noemi e collimos unhas poucas castañas do seu castiñeiro. No chan había moitos ourizos abertos coas castañas aínda dentro e lembramos a adiviña:
Alto me vexo
naquel lugarexo
por unha risada
perdín a añada.
3 comentarios:
Cada vez que entro neste blog, me emociono, gústame todo o que facedes e con este post, recordei os anos de nenez na miña aldea, cando a miña avoa me levaba con ela a dar de comer a todos os animais e a horta, tal vez por eso me adiquei a agricultura... ¡que tempos!
Bicos dende Arzúa
Este Carliños va para figura !! Enhorabuena Sabela, un beso muy fuerte.
Cando Mateo chegou á casa díxome que Carliños tiña moitos animais: porcos, galiñas, coellos e cebras!!!!!!. Vendo as fotos entendín que non eran cebras senon cabras!!! Xa sei que en Vide hai de todo pero...
Publicar un comentario