Xa temos os cocos preparados para mañán pola mañán facer as caveiras.
E si non chove, pola tarde faremos unha terrible festa de samaín no patio da escola, con obradoiros de caveiras, magosto e... ¡chulas!
Logo, á noitiña iremos en procesión coas caveiras a deixalas nos balados e nos cruces de camiños, para escorrentar ás ánimas.
E por si queredes ir preparando xa as chulas, ahí vai a receta:
Collese un bo coco dos anaranxados, que son os mellores para as chulas e, despois de pelalo e limparlle as sementes, córtase a pulpa en anaquiños e cócese cun pouco de sal.
Logo, escúrrese , esmágase cun tenedor e facedes unha masa botándolle fariña, ovos, azucre, raiadura de limón e un pouquiño de canela.
Cando a masa está lista, cunha culler a ides botando nunha tixola con aceite ben quente, e facedes fritos.
Logo un pouco de azucre por riba e....¡a comelas!.
Iso se non vos quedaron duras por levar demasiada fariña, ou aguadas por non escurrir ben o coco, ou se non se queimaron porque non fostes quen de sacalas da tixola a tempo.
A nós sempre nos saen.....¡EXQUISITAS!!!
2 comentarios:
Que receita máis apetitosa! Co voso permiso vouna poñer no recanto para que os nenos e nenas do noso cole tamén poidan comer esta delicia.
Tede coidado co paseo nocturno, non vaia ser que nos camiños atopedes o que non esperades, esta é unha noite de ANIMAS...!!!!
A receita das chulas copiada, agora só teño que buscar un coco laranxa e empezar o proceso, xa vos direi como nos sairon a nós,(digo nós porque nos imos poñer as miñas nenas e eu ó asunto)
Publicar un comentario