miércoles, 7 de mayo de 2008

Finalistas Premios Espiral 2008

Varios blogues de Bibliotecas escolares son finalistas do II Premio Espiral de Edublogs08. A todos os coñecemos de visitalos para coñecer o seu traballo. Son algunhas das ventás que abrimos para "que o mundo entre". Traballando nestes blogues, nestas biliotecas, están persoas coas que contamos e nas que nos apoiamos para levar adiante o traballo no noso blog e na nosa biblioteca: Loli, Isa, Bea...

¡¡¡¡¡Noraboa, noraboa, NORABOA!!!!!


- Blog da biblioteca do CEIP Fermín Bouza Brey. Ponteareas.
- Ceip Quintela-Moaña :Bibliotecadocole
- Biblioteca Mestres Goldar.Vigo: O recanto de Mik
- Blog da Biblioteca do IES de Fene: O Segrel do Penedo
- Biblioteca IES Alexandre Bóveda.Vigo
- Blogue de Anxo e Gracia: Trafegando ronseis

E tamén o noso agasallo a todas as compañeiras e compañeiros que día a día,"inmunes ao desalento" seguides abrindo ventás, portas e escadas dende as vosas bibliotecas e os vosos blogues.

2 comentarios:

biblioboveda dijo...

Grazas polo teu apoio. Sen a inspiración de todas(os) non sería posible. Ás veces temos que pensar nas que traballades solas para non queixarnos e poder seguir con este fermoso traballo. Creo que algún dos outros gañara o premio, pero serán bos e xeneros e compartirano con todos. Estou seguro.

Loly dijo...

Grazas mil polo voso agarimo.
Quero que saibades que hoxe os GBI comimos xuntos e falamos de vós, do voso fantástico blogue (botámolo en falta en Espiral!!) e do magnífico traballo que estades a desenvolver.
Admirámosvos, sabédelo non?
Pois xa podeder ir preparando esa lamprea que nostantiño estamos aí.
Moreas de bicos!!!!