viernes, 11 de enero de 2013

Cantando as Xaneiras

O venres 28 de Decembro, fomos cantar  os reis- ou as Xaneiras?- a As Neves. Como polas rúas non había moita xente- e iso que era o día da feira- fomos de porta en porta e cantamos e cantamos recollendo o aguinaldo,
Como os outros anos, tamén visitamos "aos nosos vellos" no Centro de Día  e repartimos cantares, bicos e apretas. Cantamos no mercado, no centro social, no concello, na librería de Rocío.... non nos quedou lugar sen cantar, e antes de regresar a Vide, descansamos no "bar da praza", onde nos invitaron a "picar algo e beber un refresco".


Unha marabillosa mañán de sol co traballo ben feito.
Despedímonos e quedamos para o venres 4 de Xaneiro cos tractores, para ir cantar por Vide.

E chegou o día e alí estabamos cos tractores de Geni, Bea e Jorge como trasporte, recorrendo Vide. Outra vez o tempo foi benevolente  e unha tarde de sol- xa era hora- acompañou os nosos cantos  por toda a parroquia.



Rematamos na escola nunha "festiña", polo ben que o fixeramos. Agora a esperar á primavera para "investir" as nosas ganancias nunha festa descomunal con clochometas.
E ata  o ano que ben!!!


Eu , de regalo de reis, deixo este "recordo" dos ensaios:


No hay comentarios: