Un "Papá" Noel que todos os anos, con moito coidado prepara o saquiño dos agasallos e galdrumadas que repartirá entre os nenos e nenas da escola, arrumba a súa barba, toda espeluxada, comproba que a súa gordura está ben distribuída debaixo do traxe e do cinto e, unha vez que o espello lle di qu está PERFECTAMENTE IRRECONOCIBLE, chama a porta da escola.
Todos os anos os nenos e nenas de Vide arrumban a súa exposición de libros de agasallo, para darlle ideas ao "Papá" Noel, enchen a escola de bolas e cintas de cores, preparan o libro que van levar para casa, colocan as viandas de Nadal na mesa co mantel e séntanse no contacontos a esperar, mentras cantan panxoliñas e cantos de Nadal.
Todos os anos , chegan as nais, pais, avoas....coa súa cámara de fotos e os seu sorriso para seren testigos da chegada e da sorpresa....
....e como todos os anos en canto a porta de escola se abríu para deixalo pasar
- Ola Bruno!!!!.
Houbo que agarrar ben agarrado ao "Papá " Noel, que a pouco se desmaia do disgusto-
Temos experiencia, porque o ano pasado pasounos o mesmo cando :
- Ola pai de Antón!!!
e o ano anterior, e o de antes......
Estamos a pensar en avisar ao Señor Apalpador, a ver si temos máis sorte, ou a súa novia e preparar a cámara de vídeo para poder documentar o momento en que entre pola porta adiante e todos os nenos e nenas queden SEN FALA.
¿Como é posible recoñecer?
No hay comentarios:
Publicar un comentario