viernes, 28 de febrero de 2014

Entroido 2014

Celebramos unha  festa de Entroido chinesa. Adornamos con faroles a escola, puxemos música chinesa , pintámonos os ollos e puxemos os traxes que tiñamos preparados.

A algunhas mamás gustáralle tanto a vestimenta que fixeron tamén os seus  traxes igualiños que os nosos e participaron na festa.

Como tiñamos medo de que chovera, cando saímos a pasear procuramos non apartarnos moito da escola, por si tiñamos que escapar correndo.

Logo, na escola, mentras os nenos e nenas vían a película de Kun Fu Panda 2, as mamás prepararon unha espléndida comida, porque na festa do Entroido sempre comemos todos na escola, e alí comimos, e xogamos, e falamos....ata ben entrada a tardiña.

Tan tardiña era que xa nos quedamos para tocar a pandeireta... e seguimos de festa!


No hay comentarios: