Este curso chegamos a marzo sen unha idea clara de sobre quen investigar, así que preparei unha pequena preswentación con cadros de varios pintores e pintoras: Picasso, Rosario Varo, Maruja Mallo, Miró, Mª Antonia Dans e Modigliani. O trato era que entre todos escollerían o cadro que máis lles gustase e sería ese o pintor ou pintora que investigaríamos.
E nin fixo falta votar.
O cadro de Miró foi o preferido.
Pois xa está.
Este marzo, pintamos con MIRÓ, porque como dixo Soraya do cadro:
- Gústanos porque, aínda que é raro, é moi bonito.
Esta foi a presentación:
en marzo pintando 1
Pero eu sei que escolleron Miró non tanto polo cadro, que tamén, senón polo libro:"Dessiner avec...Joan Miró", de Ana Salvador, que estivo na cesta dos libros da "Hora de ler" no primeiro trimestre, e andivo de man en man.
En canto escoitaron MIRÓ.....Tate!
No hay comentarios:
Publicar un comentario