sábado, 27 de octubre de 2012

Samaín e Magosto

Tiñamos pensada a festa do Samaín para a tarde do vindeiro mércores, no seu día, pero na Asociación Vidense xa tiñan preparada unha Festa do Magosto para o domingo pola tarde e ao final decidimos unir Magosto e Samaín nunha sóa celebración de toda a parroquia, así que mañán domingo, ás 5 da tarde, a Biblioteca A2 da Unitaria de Vide e a Asociación Cultural Vidense convocan a todos os veciños videnses, nenas, nenos e maiores a unha Festa Popular  na Casa da Auga  do Samaín e Magosto.
Haberá obradoiro de caveiras e maquillaxe, xogos e castañas, chourizos e por suposto cantos. As pandereteiras e pandereteiros pequenos, ós que chamamos Saíñas, terán unha actuación estelar, que despois de estrenarse no Serán de Barcela, adoecen por "actuar" e recibir aplausos.
Onte, venres, a escola converteuse nun campo de batalla con todos os nenos e nenas valeirando cabazas e as nais e pais axudando, para telas preparadas para o domingo.



Antes de marchar aínda nos deu tempo de recoller as sementes para a nosa veiga, comer a "chulas de cabaza" que nos preparara a avoa de Samara  e repasar a canción do Samaín:
"Cando o reloxio marca a unha, un esquelete sae da tumba.
Tumba por alí, tumba por alá,
tumba, tumba, 
JAJAJAJAJAJA.


Ah! e deixar preparados os libros de medo para levar á Biblioteca da Casa da Auga e expoñer na Festa.

1 comentario:

pandereteira dijo...

Un ano máis a festa foi un éxito. Decoramos a Casa da Auga e quedou preciooosa, na Biblioteca había unha "terrorífica" selección de libros, tiñamos chourizos, tortillas, pastel de cabaza riquíiiiiisimo, galdrumadas varias e tivemos a sorte de que nos deron castañas!!!. Ata había unha bruxa cun dente negro que levaba cabezas de allo e pel de serpe (pero era bruxa das boas).

Graciñas, bruxa do Samaín.