Dixemos que comenzabamos co blog a primeiros de octubro, e vai.
Este curso na escola de Vide somos 18 - contando á mestra- e da gusto ver o patio da escola cheiño de nenos e nenas xogando, e non digamos a aula.
Aquí están:

O primeiriño de todo foi ir ver os restos da veiga - todo sequiño- pero os xirasoles estaban cheos de pipas, e a por elas fomos.O aguacate medrara un montón e o castiñeiro de indias tiña estrado todo o patio con castañas das bruxas. Recollímolas e fixemos monecas con elas.
Tamén fomos ver as viñas da avoa de Alba, listas para vendimar e á avoa e pais de Samuel vendimando na veiga do lado.


Logo de andar por fora, tocou andar por dentro, e a biblioteca prestouos o primeiro conto para axudar a "presentarnos uns aos outros".
Por aclamación popular o conto escollido foi....si, ese,
COCORICO!!!!!
e
OUTRA VEZ MÁIS, cantamos xogamos, escribimos, pintamos...e enchémonos de pitos, galiñas, gatos pelados e biscoitos. Por certo, fixemo un biscoito que nos saíu rico, rico- e escaso, escaso-.
Agora xa abandoamos a Cocorico, pero quedamos co gato, esta vez lambón.

A verdade que o conto
"O gato Lambón", é unha marabilla para traballar na escola, os nenos e nenas están emocionados e eu encantada co partido que lle estamos a sacar, pero iso contareino mañán.
O que si teño que contar hoxe é que este ano, como a meirande parte do alumnado e familias son "vellos" a biblioteca abriuse xa o primeiro día co
"Conto de pola noite" e xa empezamos tamén coa
"Hora de ler", aínda que os pequerrechos siguen a procura da sua "pose lectora" e os maiores, que veñen moi reivindicativos, non fan máis que queixarse do "pouco tempo que nos das profe"
En fin, aquí estamos.
E seguimos estando.
2 comentarios:
Que ben que SEGUIDES ESTANDO!!!
Ana.
Por fin a primeira entrada do curso!
Que gusto da ver tantos nenos na escola, e canto traballiño!!!
Publicar un comentario