"Contos para que me leas" e
"Contos do meu contorno".
Logo de estar todo o mes na "rebusca" na biblioteca, xa parece que todos, pequeniños e máis grandes, se moven de novo con soltura a lo menos na zona de ficción infantil, recuperado a memoria dos libros que máis lles gustaron e descubrindo novas lecturas.

-Profe, profe, que van mal, que primeiro hai que ver no PA!!!
NO PAA?
Ata eu quedei mirando para ela desconcertada.
- Si, profe, pon o encerado que hai que buscar no PA- insistía Alba.
Entón caín na conta: o que Alba nos estaba a dicir era que conectara a PDI- o encerado- e buscármos no OPAC de Meiga.
Buscamos no OPAC, atopamos 5 libros de Patasdepeixe e logo localizámoos nos andeis correspondentes.
Despois Alba - a miña heroína- leeulles a todos o conto "A vaca que puxo un ovo", e seguimos traballando.
Eu marchei para casa tan contentiña, tan contentiña, que aínda hoxe non se me quitou a cara de felicidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario