Choveu!!!!!
E tivemos que cobixarnos na Casa da Auga.
Foi chegar as nenas e nenos de Quintela a Vide e, aínda non nos dera tempo de mostrarlles o contorno da Unitaria cando, en chegando á Casa da Auga, deu en chover, e veña a chover...
E alí quedamos.
Nun escampe corrimos ata a Fonte dos Mexóns, que se chama así polo forte cheiro a mexos que contan que tiña porque alí baixaban pola noite os cabalos do monte a beber.
Deunos para cantar, bailar, contar historias, facer dramatizacións e xogos, ler un conto, almozar, xantar e ata ver una anaco de película.
E que a Casa da Auga éche moita Casa.
O caso é que, malia a chuvia, pasamos un bo día. Un boísimo día. UN MARABILLOSO DÍA!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario